Co gallo da tradicional festividade de San Raimundo de Peñafort o mesmo venres 25 de xaneiro, as 22’00 horas, celebraremos a festa colexial, consistente nunha cea-baile no Real Clube Náutico de Sanxenxo, en Sanxenxo, no Partido Xudicial de Cambados.
As tarxetas pódense retirar na Secretaría do Colexio ata o día 23, ó prezo de 25 euros para os colexiados e de 50 euros para os acompañantes.
Podese facer reserva de mesa sempre que se complete a cabida total da mesma (8–10 persoas), para o cal se deberán relacionar seus compoñentes.
O menú será o seguinte: entrantes variados; camaróns; centola da ria; rodaballo ao albariño; xelado caseiro sobre tulipa de barquillo; cafés e licores; viños “D.O. Rías Baixas” e “Ribera del Duero”; e barra libre. Ás 3’00 horas se servirá chocolate con churros.
A festa estará amenizada pola discoteca móvil Studio 21.
Para o desprazamento haberá servizo de autobuses, que, no caso de Pontevedra, partirán ás 9,15 da noite desde a Capela de San Roque. Os interesados no seu uso terán que participalo ó tempo de retirar a invitación. As posibilidades de brindar un servizo semellante desde outras localidades áchanse condicionadas polo número de asistentes, debendo comunicar tal interese ó Delegado no respectivo Partido.
